ENTRE LINGUAS
Vanessa Vila Verde Lamas, Eduardo Sanches Maragoto e João José Varela Aveledo, 2010
30´. Vídeo. Presentación a cargo dos seus autores. Entrada gratuita.
ENTRE LINGUAS
(España, 2010)
Dirección, guión e fotografía: Vanessa Vila Verde Lamas, Eduardo Sanches Maragoto e João José Varela Aveledo. Produción: Colectivo Glu-Glu. Duración: 30 minutos.
O 'galego de Cáceres', o contacto ao longo da fronteira con Portugal, desde Zamora ata Badaxoz, un percorrido polos territorios que, por diferentes vicisitudes históricas, posúen actualmente soberanía española e conservan formas lingüísticas e/ou dialectais moi semellantes ao galego. Que é finalmente o galego? Será que a lingua portuguesa, en contacto co castelán superposto a través dos séculos, pode dar orixe a outros galegos? Documental de máxima vixencia montado por Ramiro Ledo e con música (De la vida de las piedres), extraída de Diariu 2 dos asturianos Nacho Vegas e Ramón Lluís Bande.