Em companhia da morte
Vanessa Vilaverde, João Aveledo e Eduardo Maragoto, 2012.
29'. Vídeo. Presentación a cargo dos seus autores. Entrada de balde.
EN COMPANHIA DA MORTE
(España, 2011)
Dirección e produción: Vanessa Vilaverde, João Aveledo e Eduardo Maragoto. Fotografía: Eduardo Irago. Duración: 29 minutos.
Nalgures, nas montañas, aínda hai familias que saben que falecer forma parte da vida, e dulcifican o peor de todos os contratempos con historias sen cabida na sociedade en que a morte é levada para lonxe dos nosos ollos, recluída en hospitais e tanatorios. Son historias inquietantes en que o máis implacable inimigo humano se amosa en figuras comprensibles para a mente das persoas. O acompañamento é un dos nomes populares que aínda recibe o mito que a literatura galega do século XX reinterpretou como Santa Compaña. As persoas que dela nos falan viven moi lonxe da nosa visión da realidade, pero non tanto das nosas casas. De onde son estas mulleres vestidas de negro que foxen da morte tratándoa de ti? Este documental foi filmado na freguesía de Castro Laboreiro (Melgaço, Portugal) e montado por Ramiro Ledo.