A ELEXÍA DA VIDA
Aleksandr Sokurov, 2006.
101´. Vídeo. Subtítulos en galego.
ELEGIYA ZHIZNI. ROSTROPOVICH. VISHNEVSKAYA / ELEGY OF LIFE / [A ELEXÍA DA VIDA]
(Rusia, 2006)
Dirección e guión: Aleksandr Sokurov. Produción: Stehr Cinema e Svarog Films Company. Fotografía: Mikhail Golubkhov, Kirill Mashkovich e Igor Yerdin. Duración: 101 minutos.
Documental sobre a vida do mítico chelista, recentemente falecido, Mstislav Rostropovich e a súa muller, a soprano Galina Vishnevskaya. Mestre da elexía, xénero humanista que explica a súa obra, Sokurov (“Moloch”, “Padre e hijo”) explora os últimos anos da Historia rusa para captar os sinais de aquilo que se esvaeceu definitivamente.