
ELEPHANT
Gus Van Sant, 2003
81´. Subtítulos en castelán.
ELEPHANT
(Estados Unidos, 2003)
Dirección e guión: Gus Van Sant. Produción: HBO Films, Fine Line Features, Meno Films e Blue Relief Productions. Fotografía: Harris Savides. Intérpretes: Alex Frost, Eric Deulen, John Robinson. Duración: 81 minutos.
Palma de Ouro e premio ao mellor director en Cannes, a consagración da vertente máis exploratoria e arriscada do cine de Van Sant, é unha brillante, distanciada e calculada recreación da matanza do Instituto de Columbine. Auténtico itinerario polas interrupcións do cotián onde as imaxes especulares amosan unha fermosa parálise (á vez que unha tentativa de nova concepción) do tempo cinematográfico, Van Sant visibiliza o seu achegamento a universos xuvenís con problemas de comunicación.