ElectroClass
María Ruido, 2011.
53’. Vídeo. Presentación a cargo da súa autora. Entrada de balde.
ELECTROCLASS
(España, 2011)
Dirección e guión: María Ruido. Produción: Consonni. Fotografía: Montse Brunet, Pablo Marte e María Ruido. Duración: 53 min.
A artista galega establecida en Barcelona, María Ruido, elabora unha película política, unha reflexión sobre a memoria colectiva e os imaxinarios xerados. Relato sobre fantasmas e monstruos feito sobre, con, contra, de, desde e para a televisión, ElectroClass aparece construído mediante a desmontaxe do arquivo da canle autonómica Euskal Telebista (ETB) colidindo con outros materiais audiovisuais, o que inclúe imaxes e textos de Cocteau, Kluge, Renoir, Forgacs, Assayas, Franju, Murnau ou Buñuel. Rematada o 2 de novembro de 2011 (36º aniversario da morte de Pasolini), estreada en Zinebi, a historia real encargouse de lle engadir a tempo novas capas de significado.