El vaivén
Víctor Hugo Seoane, Jaione Camborda e Iván Marcos (Grupo de Creación Vaivén), 2009
20’. Vídeo. Presentación coa presenza dos seus autores, Víctor Hugo Seoane, Jaione Camborda e Iván Marcos.
Entrada gratuíta.
EL VAIVÉN
(España, 2009)
Dirección, produción, fotografía e guión: Víctor Hugo Seoane, Jaione Camborda e Iván Marcos (Grupo de Creación Vaivén). Intérpretes: Iván Marcos. Duración: 20 minutos.
O filme achéganos ao vagabundeo, ao descubrimento constante que supón unha existencia activa entregada ao presente. Unha afirmación da vida, sen sentimentalismos, sen transcendencias pomposas, sen queixas. A sesión terá unha duración maior, xa que inclúe material adicional de traballos en proceso do Grupo de Creación Vaivén como Outras formas de vida: O Pelouro e Lugares no tempo.