
EL ÚLTIMO TESTIGO
Alan J. Pakula, 1974
102´. Subtítulos en galego.
THE PARALLAX VIEW / EL ÚLTIMO TESTIGO
(Estados Unidos, 1974)
Dirección: Alan J. Pakula. Guión: David Giler e Lorenzo Semple jr., sobre a novela de Loren Singer. Produción: Doubleday Productions, Harbor Productions e Gus. Fotografía: Gordon Willis. Intérpretes: Warren Beatty, Paula Prentiss, William Daniels. Duración: 102 minutos.
Joe Frady, un xornalista de investigación presencia, xunto a outros sete colegas, o asasinato dun candidato ao Senado dos Estados Unidos. Cando os outros sete van morrendo en presuntos accidentes, Frady comeza a dubidar da versión oficial, que sinala a un tolo como autor dos crimes. A misteriosa compañía de terapia psiquiátrica Parallax parece involucrada nas mortes… Clásico da conspiración política -que o propio Alan J. Pakula prolongaría en Todos los hombres del presidente (1976), directamente sobre o asunto Watergate- que se artella como un thriller opresivo e sinistro que analiza a paranoia instalada na sociedade estadounidense desta etapa xogando con habilidade a baza da presenza estelar de Warren Beatty.