
EL ÚLTIMO REFUGIO
Raoul Walsh, 1941
96´. Subtítulos en castelán.
HIGH SIERRA / EL ÚLTIMO REFUGIO
(Estados Unidos, 1941)
Dirección: Raoul Walsh. Guión: John Huston e William Riley Burnett, sobre a novela deste. Produción: Warner Bros. Fotografía: Tony Gaudio. Intérpretes: Humphrey Bogart, Ida Lupino, Alan Curtis, Arthur Kennedy. Duración: 96 minutos.
Un gángster en decadencia, prematuramente avellentado, necesita un último golpe para poder seguir vivindo. Guión de John Huston e o novelista William R. Burnett, papel secundario para a futura estrela Cornel Wilde nun filme de gángsters mítico, sazonado por tons poéticos e un contundente e coñecido final a modo de epitafio das manifestacións máis puras do cine negro da Warner.