EL TESORO DE SIERRA MADRE
John Huston, 1948
126’. Subtítulos en castelán
THE TREASURE OF SIERRA MADRE / EL TESORO DE SIERRA MADRE (Estados Unidos, 1948) Dirección e guión: John Huston. Argumento: a novela de B. Traven. Produción: Warner Bros. Fotografía: Ted McCord. Intérpretes: Humphrey Bogart, Walter Huston, Tim Holt, Bruce Bennett. Duración: 126 min. A viaxe sen fácil retorno de tres aventureiros que parten na procura de ouro cara ao deserto mexicano nos anos 20. Reparto de luxo, Óscar para Huston pai e fillo nun relato de aventuras que consolidaba a fascinación do cineasta por certos lugares, a ruptura coa épica tradicional e a atracción pola complexidade da conduta humana e os seus retos derivados.
Se cadra porque é un cine onde a dignidade do ser humano ocupa un posto central, quizais poque o mesmo director gostaba de desempeñar tales papeis, a filmografía de Huston está repleta de brillantes secundarios (Peter Lorre, Orson Welles, Lillian Gish, Roddy McDowall, etc.), e pode sorprender, pero non debe estrañar, que a interpretación maís valorada de The Treasure of Sierra Madre non sexa a de Bogart, senón a do veterano Walter Huston, pai do cineasta, célebre por ter estreado Desexo baixo os olmos en Broadway, colosal Lincoln ás ordes de Griffith e presencia destacada en películas como Dragonwyck (1946), de Joseph L. Mankiewicz ou Duel in the Sun (1946), de King Vidor. E inevitable sospeitar que o cineasta teña feito algunha que outra trampa en beneficio do seu proxenitor, non o sei, pero a verdade é que se o traballo de Bogart transmite vigor e tenacidade, do de Walter Huston emanan grandes doses de sensibilidade e, por riba detodo, astucia e sabiduría. Atendendo aínda que só sexa á súa función na estructura do relato, salta á vista que o seu non puido ser un personaxe fácil de compoñer. Howard é unha criatura encravada nas fronteiras do cliché e a grandeza do vello lobo da escena estriba en cómo lle insufla ó personaxe, cunha economía de medios raiana na desnudez, as suficientes doses de humanidade como para desencadear e guiar boa parte da acción, asumir un destino máis que paradóxico, gustarnos e inquietarnos ó mesmo tempo e resumir a gargallada limpa toda unha bagaxe ideolóxica, unha concepción das cousas do mundo e do destino cunha feroz sinceridade que a penas deixa espacio para a réplica. (Miguel Angel Barral, en Nosferatu, n° 20, «Secundarios y antagonistas del Hollywood clásico»)
-
-
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
EL TESORO DE SIERRA MADRE
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Walter Huston en...
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
EL TESORO DE SIERRA MADRE
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Walter Huston en...