
EL ROMANCE DE ASTREA Y CELADÓN
Eric Rohmer, 2007.
111´. Subtítulos en castelán.
LES AMOURS D'ASTRÉE ET DE CÉLADON / EL ROMANCE DE ASTREA Y CELADÓN
(Francia-Italia-España, 2007)
Dirección e guión: Eric Rohmer, sobre a novela “L´Astrée” de Honoré de Urfé. Produción: Eric Rohmer (CER), Rézo Productions (Francia), BIM (Italia) e Alta Producción S.L. (España). Fotografía: Diane Bartier. Intérpretes: Andy Gillet, Stéphanie Crayencour, Cécile Casel. Duración: 111 minutos.
Nun bosque marabilloso, en tempos dos druídas, o pastor Celadón e a pastora Astrea amánse de forma pura. Engaiolada por un pretendente, Astrea rexeita a Celadón, que, desesperado, se lanza a un río. Ela cre que morreu, pero foi salvado en segredo por unhas ninfas. Fiel á súa promesa de non volver aparecer aos ollos da súa amada, Celadón terá que superar as probas para romper a maldición. O mestre Eric Rohmer descobre para o cine a máis tola historia de amor da literatura barroca, “L´Astrée” de Honoré de Urfé (1607-1628), coa que participou no Festival de Venecia.