EL PUENTE SOBRE EL RÍO KWAI
David Lean, 1957
160´. Subtítulos en galego.
THE BRIDGE ON THE RIVER KWAI / EL PUENTE SOBRE EL RÍO KWAI
(Gran Bretaña, 1957)
Dirección: David Lean. Guión: Carl Foreman, Michael Wilson, David Lean e Pierre Boulle. Produción: Sam Spiegel para Horizon Picures. Fotografía: Jack Hildyard. Intérpretes: Alec Guiness, William Holden, Jack Hawkins, Sessue Hayakawa. Duración: 160 minutos
Na II Guerra Mundial un batallón de prisioneiros ingleses ao mando do estrito coronel Nicholson é recluído nun campo de concentración xaponés na selva birmana. O sádico comandante Saito obriga a traballar aos prisioneiros na construción dunha ponte ferroviaria. A loita entre deber e inimizade fixada pola guerra embarga a Nicholson. A aparición de Shears, un norteamericano que pretende demoler a ponte, leva a un inevitable enfrontamento. A primeira gran superprodución de Lean, rodada en Ceilán, mudou definitivamente os seus ritmos de traballo para ofrecer un filme antibélico de psicoloxías complexas que obtivo sete Óscars e excelentes recadacións.