
El pequeño fugitivo
Morris Engel, Ruth Orkin e Ray Ashley, 1953.
75'. Subt. galego. A partir de 9 anos. Entrada de balde.
LITTLE FUGITIVE / EL PEQUEÑO FUGITIVO
(Estados Unidos, 1953)
Dirección e guión: Morris Engel, Ruth Orkin e Ray Ashley. Produción: Little Fugitive Production Company. Fotografía: Morris Engel. Intérpretes: Richard Brewster, Winifred Cushing. Duración: 75 minutos.
Joey ten sete anos e vive en Nova York coa súa nai e o seu irmán maior Lennie. Cando a súa nai ten que ausentarse un par de días para coidar da avoa enferma, Lennie e os seus amigos, xogando, fanlle crer a Joey que matou a Lennie cunha escopeta. Asustado, Joey colle os dólares que deixou a súa nai e foxe cara a Coney Island onde vivirá a súa particular aventura entre postos, atraccións e bañistas. Considerada unha das películas máis interesantes e influintes do cine independente americano, obtivo o León de Prata na Mostra de Venecia de 1953 e o seu guión foi nominado ao Oscar. Entrañable retrato do mundo infantil, itinerario poético cheo de naturalidade e sinxeleza do que François Truffaut comentou: "A nosa Nouvelle Vague nunca tería existido se o mozo Morris Engel non nos tivese ensinado o camiño da produción independente coa súa fermosa película El pequeno fugitivo. Versión orixinal con subtítulos en galego. A partir de 9 anos.