EL MUNDO EN SUS MANOS
Raoul Walsh, 1952
104´. Subtítulos en galego.
THE WORLD IN HIS ARMS / EL MUNDO EN SUS MANOS
(Estados Unidos, 1952)
Dirección: Raoul Walsh. Guión: Borden Chase e Horace McCoy, sobre unha novela de Rex Beach. Fotografía: Russell L. Metty. Produción: Universal Pictures. Intérpretes: Gregory Peck, Ann Blyth, Anthony Quinn. Duración: 104 minutos.
San Francisco, 1850. O desafío entre dous cazadores de focas (Peck e Quinn) afeccionados ás apostas e o intento do primeiro deles por recuperar o seu amor, unha duquesa rusa. Ritmo vertixinoso para un lúdico e inesquecible divertimento que excede todo estereotipo con tenrura, humor e lucidez. Excelentes secundarios como John McIntire e Sig Rumann pasean por un título cheo de pelexas, bailes, xogos, retos, burlas e escenas de acción.