El malvado Carabel
Fernando Fernán-Gómez, 1955.
81'. 35mm.
EL MALVADO CARABEL
(España, 1955)
Dirección: Fernando Fernán-Gómez. Guión: Manuel Suárez-Caso e Fernando Fernán-Gómez, sobre a novela homónima de Wenceslao Fernández Florez. Produción: CEA / Unión Films. Fotografía: Ricardo Torres. Intérpretes: Fernando Fernán-Gómez, María Luz Galicia. Duración: 81 minutos.
Un humilde oficinista, Amaro Carabel, traballa na potente inmobiliaria Giner y Bofarull. O irrisorio salario impídelle que poida casar coa súa prometida, Silvia. Unha serie de circunstancias desastrosas poñen a Amaro nunha situación difícil, polo que decide volverse malo e lánzase con afervoamento polo camiño da delincuencia. Cómica e sórdida, castiza e desolada, un mostrario da sociedade española, cun uso consecuente da posta en escena, da enunciación, dos puntos de vista e da cámara subxectiva, co que Fernán-Gómez tributa a Fernández Flórez a súa particular homenaxe cultural e estética.