
EL LARGO DÍA ACABA
Terence Davies, 1992
85´. Subtítulos en castelán.
THE LONG DAY CLOSES / EL LARGO DÍA ACABA (Gran Bretaña, 1992) Dirección e guión: Terence Davies. Produción: British Film Institute e Film Four International. Fotografía: Michael Coulter. Intérpretes: Marjorie Yates, Leigh McCormack, Anthony Watson. Duración: 85 minutos. Bud, un solitario e introvertido rapaz de doce anos, é o espectador da súa propia infancia, que transcorre entre a calor do fogar, xunto á súa nai e os seus irmáns, o bulicio do barrio e as salas de cine, nas que encontra unha fonte incansable de fantasías. A hostilidade dos seus profesores e compañeiros de clase e o descubrimento da súa homosexualidade intensifican a súa soidade. Davies depura o seu estilo, participa en Cannes e volve gañar a Espiga de Ouro en Valladolid.