
El ilusionista
Sylvain Chomet, 2010.
80'. Subt. castelán. Entrada de balde. Recoméndase a partir de 10 anos.
L’ILUSIONNISTE / EL ILUSIONISTA
(Francia, 2010)
Dirección e guión: Sylvain Chomet, sobre un guión de Jacques Tati. Produción: Pathé, Django Fims, Ciné B, France 3 Cinéma, Canal+, CinéCinéma, France Télévision e Ink. Digital. Duración: 80 minutos.
Ao comezo da década dos 60, cando o mundo vibra coa chegada do rock e a televisión, un vello mago intenta sobrevivir cos seus trucos deixando París atrás e buscando sorte en Londres e en Escocia. Nun lugariño da costa coñece a Alice e dende ese momento a vida de ambos os dous cambiará para sempre. El Ilusionista é unha adaptación dun vello guión de Jacques Tati sobre a relación dun vello mago cunha nena que aínda cre na maxia e que o cineasta escribiu como homenaxe á súa filla Sophie Tatischeff. Sylvain Chomet, responsable de Bienvenidos a Belleville, investiu catro anos de traballo nesta película sobria e melancólica, chea de acenos ao cine mudo, e que foi nomeada ao Óscar e ao Globo de Ouro como mellor película de animación.