
EL HONOR DE LAS INJURIAS
Carlos García-Alix, 2008.
84´. Vídeo.
EL HONOR DE LAS INJURIAS
(España, 2008)
Dirección e guión: Carlos García-Alix. Produción: No Hay Penas S.L. Fotografía: José Luis Sanz. Duración: 84 minutos.
Testemuña dunha obsesión, a procura apaixonada de “Doctor Muñiz”, alias do activista anarquista Felipe Sandoval (1886-1939). Albanel de profesión, a súa vida, primeiro como atracador e home de acción, logo durante a guerra como feroz combatente, aparece unida ao soño revolucionario, á loita sociopolítica. Unha investigación miscelánea de materiais, onde os arquivos, a memoria, as películas e as fotografías da época axudan a reconstruír a existencia de Sandoval no que representa a primeira longametraxe do pintor Carlos García-Alix.