EL HIDALGO DE LOS MARES
Raoul Walsh, 1951
117´. Subtítulos en galego.
CAPTAIN HORATIO HORNBLOWER / EL HIDALGO DE LOS MARES
(Estados Unidos, 1951)
Dirección: Raoul Walsh. Guión: Ben Roberts, Ivan Goff e Aeneas MacKenzie. Produción: Warner Bros. Fotografía: Guy Green. Intérpretes: Gregory Peck, Virginia Mayo, Robert Beatty. Duración: 117 minutos.
O capitán inglés Horatio Hornblower viaxa co seu barco a América Latina coa misión de axudar a un tolo ditador centroamericano. Walsh despídese da Warner cunha homenaxe á mariña inglesa, destacando a precisión e veracidade das dúas batallas navais e o sólido retrato do protagonista, nun título de aventuras no mar moi popular.