
El gatopardo
Luchino Visconti, 1963.
190‘. Subt. Castelán.
IL GATTOPARDO / EL GATOPARDO
(Italia-Francia, 1963)
Dirección: Luchino Visconti. Guión: Suso Cecchi d’Amico, Pasquale Festa Campanile, Luchino Visconti, Massimo Franciosa e Enrico Medioli. Produción: Titanus (Italia), S.N. Pathé e S.G.C. (Francia). Fotografía: Giuseppe Rotunno. Intérpretes: Burt Lancaster, Claudia Cardinale, Alain Delon. Duración: 190 minutos.
Palma de Ouro en Cannes, maxistral fresco histórico sobre a derruba dunha clase social e o nacemento da Italia unificada que consagra a traxectoria de Luchino Visconti. Baseada na magnífica novela de Giuseppe Tomasi de Lampedusa, un reparto, ademais de Lancaster, Cardinale e Delon, que inclúe a Romolo Valli, Paolo Stoppa, Pierre Clémenti e Ottavia Piccolo (e os logo heroes da acción Giuliano Gemma e Terence Hill) e un esplendoroso deseño de produción, dá vida ao drama en Palermo de Don Fabrizio, o príncipe de Salina, coa vida familiar, persoal alterada para sempre polos disturbios políticos logo da invasión de Sicilia polas tropas de Garibaldi. Copia restaurada proxectada en Cannes 2010.