![EL ESPÍRITU DE LA COLMENA EL ESPÍRITU DE LA COLMENA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_371.jpg?itok=mnE28sv_)
EL ESPÍRITU DE LA COLMENA
Víctor Erice, 1973
103’
EL ESPÍRITU DE LA COLMENA
(España, 1973)
Dirección: Víctor Erice. Guión: Víctor Erice e Ángel Fernández-Santos. Produción: Elías Querejeta P.C. Fotografía: Luis Cuadrado. Intérpretes: Ana Torrent, Fernando Fernán-Gómez, Teresa Gimpera, Isabel Tellería. Dur.: 103 min.
A proxección de “Frankenstein” de James Whale vai influír na vida de Ana, unha nena que vive nunha vila na Castela da posguerra. Fermosa peza de harmoniosa estrutura que transita por vetas poéticas, metalingüísticas e míticas, gaña a Cuncha de Ouro en San Sebastián e axiña se converte en obxecto de culto, erixida en delicado paradigma de fórmulas narrativas alternativas coa capacidade de xerar unha multiplicidade de significacións e evocacións.