
EL DETECTIVE
Gordon Douglas, 1968.
114´. Subtítulos en castelán.
THE DETECTIVE / EL DETECTIVE
(Estados Unidos, 1968)
Dirección: Gordon Douglas. Guión: Abby Mann, sobre a novela de Roderick Thorp. Produción: Arcola Pictures. Fotografía: Joseph P. Biroc. Intérpretes: Frank Sinatra, Lee Remick, Ralph Meeker. Duración: 114 minutos.
Ao fillo dun home con gran influencia política asasínano brutalmente. Un detective pouco sutil, Joe Leland, é o encargado de resolver o caso. A súa tarefa vese dificultada pola necesidade de convencer ao seu departamento de policía de que deben ver máis alá da sexualidade da vítima. Finalmente condenan por asesinato ao compañeiro de cuarto do morto e Leland pasa a outro caso. Pronto comeza a sospeitar que ambos están relacionados e que o condenado é inocente. Douglas, autor de filmes tan interesantes como La humanidad en peligro, Río Conchos, Chuka e Hampa dorada, dirixe este turbio thriller que ten como alicientes tamén a xentes como Robert Duvall, Jacqueline Bisset, Tony Musante, unha moza Bette Midler e o boxeador Sugar Ray Robinson.