EL CRIMEN DE CUENCA
Pilar Miró, 1979
92’
EL CRIMEN DE CUENCA (España, 1979) Dirección: Pilar Miró. Guión: Lola Salvador e Pilar Miró. Produción: INCINE e Jet Films. Fotografía: Hans Burmann. Intérpretes: Daniel Dicenta, José Manuel Cervino, Amparo Soler Leal, Fernando Rey. Dur.: 92 min. Tremendista adaptación da crónica de sucesos en forma de melodrama rural que provoca un dos incidentes máis populares da época, o secuestro da película e o procesamento por vía militar de Pilar Miró ao sentirse o corpo da Garda Civil aldraxado pola narración duns macabros acontecementos desenvolvidos despois de 1910. Como consecuencia, superados os problemas legais, logo da estrea en 1981, convértese nun fulgurante éxito de recadación que resalta máis que nunca a capacidade de expresión para a violencia e o sadismo por parte da súa realizadora.