![El circo](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_3724.jpg?itok=ehUOHUW8)
El circo
Charles Chaplin
70'. DCP. Subt. Castelán.
The Circus / El circo (Estados Unidos, 1928) Dirección e guión: Charles Chaplin. Fotografía: Roland Totheroh. Intérpretes: Allan Garcia, Merna Kennedy, Harry Crocker, George Davis. Dur: 70 min. Charlot, vagabundo arruinado e famento, é confundido cun carteirista e perseguido por un oficial de policía ata a carpa dun circo. Charlot convértese inesperadamente nunha estrela cando o director do circo cre que esta persecución non é senón unha actuación cómica. Axiña se namora de Merna, a filla do director, mais ela prefire a Rex, o novo funámbulo. Comedia memorable que reúne algúns dos mellores gags da filmografía de Chaplin, ao mesmo tempo que, coma en toda a súa obra, non deixa de ser unha firme crítica social. El Circo é o último título da etapa muda do autor e durante a súa rodaxe tivo que afrontar moitos problemas persoais: divorcio, falecemento da súa nai, incendio nos estudos de rodaxe; mais, logo de dous anos de rodaxe, a película estreouse con enorme éxito comercial e valeulle un Óscar honorífico. *A partir dos 8 anos. Silente con rótulos en castelán.