El Cascanueces
Andréi Konchalovsky, 2010.
110'. Entrada de balde.
EL CASCANUECES / THE NUTCRACKERS
(Reino Unido-Hungría, 2010)
Dirección: Andréi Konchalovsky. Guión: Chris Solimine e Andréi Konchalovsky. Produción: Vnesheconombank, Nutcracker Holdings, HCC Media Group e Russian Roulette Ltd. Fotografía: Mike Southon. Intérpretes: Elle Fanning, Nathan Lane, John Turturro. Duración: 110 minutos.
Viena, anos 20. Mary, unha nena de nove anos, vive nunha casa chea de obxectos encantadores, porén séntese demasiado soa. O seu irritante irmán Max non deixa de molestala e os pais trátana con indiferenza. A véspera de Nadal o seu querido tío agasállaa cun boneco de madeira: un crebanoces. O boneco adquire vida esa mesma noite e xuntos emprenden unha viaxe marabillosa a un mundo de soños e aventuras. Regreso ao CGAI dun traballo do polifacético Konchalovsky, un musical infantil que levaba 20 anos tentando dirixir. Versión dobrada. A partir dos seis anos.