El árbol de la vida
Terrence Malick, 2011.
139'. Subt. Castelán.
THE TREE OF LIFE / EL ÁRBOL DE LA VIDA
(Estados Unidos, 2011)
Dirección e guión: Terrence Malick. Produción: Fox Searchlight Pictures e Riverroad Entertainment. Fotografía: Emmanuel Lubezki. Intérpretes: Brad Pitt, Jessica Chastain, Sean Penn. Duración: 139 minutos. Palma de Ouro en Cannes á mellor película, o filme máis controvertido do poeta en imaxes Terence Malick (Malas tierras, Días del cielo, La delgada línea roja, To the Wonder) é unha poderosa e sincera reflexión sobre os misterios da vida marcada tamén por elementos románticos: a presenza filosófica de Emerson e o concepto do sublime na paisaxe. Estados Unidos, anos 50; asistimos ao proceso de formación de Jack, un cativo que vive coa súa familia, un grupo en que o pai encarna a estrita severidade e a nai a tenrura e o amor. Anos máis tarde, trata de evocar a súa influencia.