El adiós/ 13 dies d’octubre
VV.AA, 2015
110'. DCP. Subt. Castelán. Entrada de balde
El adiós
(España, 2015)
Dirección: Clara Roquet. Dur: 15'
Rosana, 40, a criada boliviana dos Vidal, dedicou os últimos cinco anos da súa vida a coidar da súa querida Ángela Vidal. Mais o día do funeral non pode unirse ao dó do resto da familia: ten que traballar para eles. Ao longo do derradeiro día da súa vida ao servizo dos Vidal, para Rosana cada vez se fará máis difícil repetir as súas tarefas cotiás, ata que reúne as forzas abondas para se arrepoñer á familia e comezar unha nova vida.
13 dies d’octubre
(España, 2015)
Dirección: Carlos Marques-Marcet. Guión: Alfred Pérez-Fargas, Roger Danès. Intérpretes: Carles Martínez, Òscar Muñoz Clara Segura, Cesca Piñón, Maria Rodríguez, Antonio Dechent, David Marcé, Sergi Torrecilla. Dur.: 95'.
Durante 13 días de outubro de 1940, Ramona Companys, irmá de Lluís Companys, Ramon de Colubí, o seu avogado defensor e Luis Orgaz, capitán xeneral de Catalunya, tratan de evitar, de diferentes maneiras e por diferentes motivos, que o presidente da Generalitat sexa executado e se convirta así nun mártir.