![EAT SLEEP NO WOMAN EAT SLEEP NO WOMAN](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_839.jpg?itok=QHqWVNq8)
EAT SLEEP NO WOMAN
Heiner Stadler, 2002.
77´. Subtítulos en galego.
EAT SLEEP NO WOMAN
(Alemaña, 2002)
Dirección e guión: Heiner Stadler. Produción: Heiner Stadler Film, WDR e BR. Fotografía: Heiner Stadler e Yusef Hu. Duración: 77 minutos.
7 de outubro de 2001, ás 17:27 horas todo o mundo estaba pendente do que sucedía nun punto do planeta: Afganistán. Comezou entón o bombardeo dos Estados Unidos contra o país, rematando co réxime talibán. Non obstante, que ocorría simultaneamente no resto do mundo? Levemente emparentada coa mediocre Babel de Iñárritu, a película reflexiona sobre a globalización informativa e a conexión entre as pequenas historias da vida cotiá alá onde se suceden.