
Easy Rider
James Benning, 2012.
95'. Vídeo HD.
EASY RIDER
(Estados Unidos, 2012) Dirección, guión, fotografía e produción: James Benning. Duración: 95 minutos. Logo de facer a súa particular versión de Faces (1968) de Jon Cassvetes, James Benning adéntrase noutro clásico do New Hollywood, Easy Rider (1969) de Dennis Hopper. A Benning atraenlle para este remake abstracto dous aspectos da proposta orixinal: a súa condición de retrato da contracultura e a procura de espazos. Benning divide o filme de Hopper en escenas e substitúe o plano orixinal por un filmado na propia localización. A música dos 60 é reemplazada por música que Benning escoita hoxe.