É stato il figlio / [Ha sido el hijo]
Daniele Cipri, 2012
90'. DCP. Subt. cstelán.
È STATO IL FIGLIO / [HA SIDO EL HIJO]
(Italia-Francia, 2012)
Dirección e fotografía: Daniele Cipri. Guión: Massimo Gaudioso e Daniele Cipri, baseados na novela homónima de Roberto Alaimo. Produción: Passione, Babe Film, Palomar, RAI Cinema, FaroFilm e Aleteia Communication. Intérpretes: Toni Servillo, Giselda Volodi. Duración: 90 minutos.
A familia Ciraulo vive pobremente nun barrio da periferia de Palermo. Con todo, diante da porta da entrada teñen estacionado un Volvo noviño do trinque. Esta marabilla foi adquirida grazas aos cartos do seguro que os Ciraulo percibiron pola morte dun familiar falecido accidentalmente nun tiroteo entre mafiosos. Pero Tancredi, o fillo varón, durante a súa única noite de diversión na cidade, raiou a porta do coche. Non parece nada grave, mais o pai agrediuno con violencia e –segundo di o relato policial– o fillo, para se defender, matouno. Un thriller surrealista e metafísico merecedor do premio á mellor contribución técnica á fotografía en Venecia 2012 e interpretado polo coñecido actor Toni Servillo.