E QUE VEN DESPOIS?
Michael Haneke, 1974
89’. Vídeo. Subtítulos en galego
UND WAS KOMMT DANACH? / AFTER LIVERPOOL [E QUE VÉN DESPOIS?]
(Alemaña, 1974)
Dirección: Michael Haneke. Guión: James Saunders. Produción: Südwestfunk (SWF). Fotografía: Jochen Hubrich, Guenter Lemnitz, Gerd E. Schäfer. Intérpretes: Hildegard Schmahl, Dieter Kirchlechner. Dur.: 89 min.
Fragmentos da vida cotiá dunha parella que non cesa de interrogarse mutuamente, pero que non encontra resposta a todas esas preguntas. Unha mazá é o detonante dos continuos desencontros entre ambos. Produción para televisión.