E agora? Lembra-me
Joaquim Pinto, 164'
DCP. Subt. castelán.
E AGORA? LEMBRA-ME
(Portugal, 2012)
Dirección e guión: Joaquim Pinto. Produción: C.R.I.M. Produções e Presente Edições de Autor. Fotografía e intérpretes: Nuno Leonel e Joaquim Pinto. Duración: 164 minutos.
As loitas do seu propio director, Joaquim Pinto, contra a SIDA e a hepatite C, enfermidades que padece desde hai case vinte anos. O filme é a crónica dun ano de estudos clínicos con drogas e toxinas que aínda non foron aprobadas. Unha reflexión fresca, aberta, ecléctica, sobre o tempo, a supervivencia, a memoria, as pandemias modernas e a globalización.