DUELO EN LA ALTA SIERRA
Sam Peckinpah, 1962
94. Subtítulos en castelán.
RIDE THE HIGH COUNTRY / DUELO EN LA ALTA SIERRA
(Estados Unidos, 1962)
Dirección: Sam Peckinpah. Guión: N.B. Stone jr. e Sam Peckinpah. Fotografía: Lucien Ballard. Produción: MGM. Intérpretes: Randolph Scott, Joel McCrea, Ronald Starr, Mariette Hartley, R.G. Armstrong, Warren Oates. Duración: 94 minutos.
Steve Judd, veterano e íntegro vaqueiro, debe transportar e custodiar o ouro dun banco, para o cal contrata un vello camarada, o pícaro supervivente Gil Westrum. A xuntanza dunha serie de personaxes e un camiño no que aparecen os violentos irmáns Hammond, levan a un memorable desenlace, configurando unha firme e lúcida elexía sobre un mundo que xa non volverá. Primeira ruptura de Peckinpah cos cánones do vello western, mestura de concisión, humor, estilización e naturalismo.