DIRECCIÓN DESCOÑECIDA
Kim Ki-duk, 2001.
117´. Subtítulos en galego.
SUCHWIIN BULMYEONG / ADDRESS UNKNOWN / [DIRECCIÓN DESCOÑECIDA]
(Corea do Sur, 2001)
Dirección e guión: Kim Ki-duk. Produción: LJ Film. Fotografía: Seo Jeong-min. Intérpretes: Yang Dong-kun, Ban Ming-jung, Kim Young-min. Duración: 117 minutos.
O legado da ocupación xaponesa, a guerra e a división que marca o devir dun país e dos seus habitantes. Nunha vila remota tres mozos intentan saír adiante influídos polo peso da traxedia. Todos os seus intentos por atopar o amor e a redención son devoltos cun selo vermello: “Dirección descoñecida”. Excelente recepción no certame de Venecia 2001, logo da brutal narración de “La isla” (2000), por parte do máis coñecido dos realizadores coreanos.