O borboriñar das insuas
CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal)
3º de ESO | Cinema en curso 2018-2019
Retrato das illas de O Grilo, As Varandas e O Torroeiro, na zona do Baixo Miño, un lugar con vida propia que acolle un tipo de gandería singular.
Os alumnos de 3º de ESO do CPI Manuel Suárez Marquier explicaron na súa presentación da película uno dos motivos que lles moveu a retratar este lugar e este oficio: "É unha tradición que se está perdendo porque as xeracións máis novas xa non a practican. Moi pouca xente dedícase a criar vacas no Rosal, e aquela que mantén esta forma de vida é porque lle gusta e se sente feliz realizándoa. Nós pensamos que tiñamos a oportunidade de dala a coñecer antes de que desaparecese. Forma parte das nosas tradicións e queriamos deixar testemuño dela".
Proxecto realizado en Baixo Miño: nas insuas do Grilo e das Varandas en San Miguel de Tabagón, no Monte de Santa Trega e na Xunqueira de Salcidos (O Rosal e A Guarda, Pontevedra)
Co acompañamento de Lara Salgado, Mar Rodríguez, Xosé Tomás Díaz, Beatriz Fernández, Elena Gómez e Beatriz Varandas (docentes) e Jaione Camborda (cineasta).
Proxecto realizado por Naiara Cardoso, Marcos González, Nahomí González, Manuel Oliveira, David Rocha, Miguel Rodríguez, Paula Sobrino, Martín Souto.
venres, 14 xuño, 2019