Entre silencios

CEIP A Rúa (Cangas)
6º | Cinema en curso 2018-2019

Álex pasa por un momento moi difícil en casa. Os seus pais discuten constantemente e el, que á vez tenta protexer á súa irmá de toda esta tensión, xa non pode soportalo. Está mal no colexio e o seu amigo preocúpase por el. Unha noite, escápase.

Na presentación da película, os autores e autoras explicaban: “Coa nosa película, queriamos traballar e compartir como pode sentirse un neno ou nena da nosa idade cando vive unha situación tan difícil como a das constantes discusións entre os seus pais”.

Proxecto realizado en Cangas (Pontevedra)
Co acompañamento de Ana Castro, May Iglesias, Ana Portas, Rosana Rúa e Montse Sotelo (mestras) e Ángel Santos (cineasta).
Proxecto realizado por Mateo Cabreira, Telmo Cabreira, Iris Cordeiro, Aroa Fernández, Daniel González, Abderrahman Khazouti, Miguel López, Adam Lorenzo, Brais Martínez, Xian Martínez, Brais Paulos, Silvia Rocha, Marco Santos, Martín Silva, Nerea Taboas, Clara Vázquez.
venres, 14 xuño, 2019