Desencadres / Filmadrid: James Benning
James Benning, 2016
105'. HD. Presentación: Nuria Cubas, codirector de Filmadrid. Entrada de balde
Presentamos dúas das últimas pezas de James Benning en colaboración co festival Filmadrid.
Fresh Air
(Estados Unidos, 2016)
James Benning, HD, 45'.
Fixen un filme de 49 das miñas camisetas chamado Fresh Air. Ía ser puramente estrutural. Para o son gravei (sincronizado) o ambiente tranquilo do meu barrio de Val Verde. Despois decidín engadir sons do que pasaban na radio, preparei os meus trebellos de audio e comecei a capturar o programa da NPR All Things Considered. Eran as 3 p.m. do 2 de decembro. As noticias interrompéronse por un boletín urxente de San Bernardino. Ao rematar a gravación 12 persoas morreran xunto a dous sospeitosos. O meu filme xa non é puramente estrutural. (James Benning)
Measuring Change
(Estados Unidos, 2016)
James Benning, HD, 60’.
Measuring Change é o complemento dixital do meu filme en 16 mm Casting a Glance (2007) e fíxose cando cumprín 73 anos, o 28 de decembro de 2015, en Rozel Point, na beira norte do Gran Lago Salgado en Utah: unha vista do Spiral Jetty de Robert Smithson pola mañá ás 8.57 e despois pola tarde ás 15:12. (James Benning)
Cara ao final de 2015, James Benning fixo unha das súas ocasionais expedicións a Utah, ao lugar onde a colosal escultura land art de Robert Smithson Spiral Jetty (1970) se estende ao longo do Gran Lago Salgado. O nivel da auga estaba baixo e deixaba a vasta superficie do Jetty exposta á forza do vento. O seu filme Measuring Change captura dous períodos de trinta minutos dese día en concreto, nesas tomas inmóbiles, sen pestanexos, que se converteron na súa marca de estilo – comezaban ás 8:57 a.m. e ás 3:12 p.m. respectivamente. Unha peza de acompañamento serodia da súa obra mestra en 16 mm Casting a Glance (2007), este novo filme contempla de forma hipnótica o traballo artístico de Smithson en relación coa súa contorna e cos humanos que camiñan sobre e ao redor das gargantuescas espirais. (Acropolis Cinema)