
DESCALÇ SOBRE LA TERRA VERMELLA
Oriol Ferrer, 2014
190´. DCP. Subt. castelán. Entrad de balde.
DESCALÇ SOBRE LA TERRA VERMELLA
(España-Brasil, 2014)
Dirección e guión: Oriol Ferrer, sobre o libro de Francesc Escribano. Fotografía: Néstor Calvo. Produción: Minoria Absoluta, Raíz Produções Cinematográficas, TV3 e TVE. Intérpretes: Eduard Fernández, Sergi López, Joel Joan. Duración: 190 minutos.
Filme biográfico sobre o bispo Pere Casaldáliga, un misioneiro coñecido polo seu traballo en Brasil. Localizado en São Félix do Araguaia, cura dos pobres e voz dos indios, desenvolveu a súa loita combatendo contra a ditadura militar brasileira, os caciques do lugar e o propio Vaticano. Gaudí á mellor película para televisión.