Der Tod des Empedokles oder: Wenn dann der Erde Grün von neuem Euch erglänzt / La muerte de Empédocles
Danièle Huillet e Jean-Marie Straub, 1987
132'. 35mm. Subt. Galego
Der Tod des Empedokles oder: Wenn dann der Erde Grün von neuem Euch erglänzt / La muerte de Empédocles
(República Federal de Alemaña, Francia, 1987)
Dirección: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub. Guión: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub, Dietrich E. Sattler (obra de Friedrich Hölderlin). Fotografía: Renato Berta. Intérpretes: Andreas von Rauch, Vladimir Baratta, Martina Baratta, Ute Cremer, Howard Vernon, William Berger. Dur: 132'.
Adaptación da obra inacabada do poeta romántico alemán Friedrich Hölderlin, que narra a historia do filósofo grego, o seu exilio e o suicidio nun volcán.
Proxéctase a “versión do galo”, a preferida de Straub das catro versións que existen da película.
“A décima e última longametraxe dos directores europeos de vangarda Jean-Marie Straub e Danièle Huillet – filmada en Sicilia usando como texto a primeira das tres versións da traxedia en verso inacabada de Friedrich Hölderlin de 1978 – é un dos seus traballos máis fermosos; mais como os mellores traballos de vangarda, velo e escoitalo require axustes na nosa actividade habitual de espectadores – axustes que implican novas áreas de xogo e de traballo. Este é un filme onde o son importa tanto ou máis que a imaxe, e onde as meigas localizacións naturais (filmadas en 35 milímetros por Renato Berta) son tan importantes coma os actores ou o texto. O son dos versos baleiros no alemán altamente acompasado de Hölderlin é o uso máis sensualmente rico desa lingua que teño escoitado, e mesmo se, coma min, non se entende a lingua, os subtítulos escollidos deberían verse como notas ao pé ás que botar un ollo máis que como substitutos do texto principal.
Ao contrario dos textos na obra previa de Straub e Huillet, o texto aquí está dramática e expresivamente actuado, e o convincente elenco inclúe a Andreas von Rauch como Empédocles (o filósofo grego expulsado da súa comunidade por blasfemia, e decidido a se suicidar), Howard Vernon (que actuou en Los crímenes del doctor Mabuse de Fritz Lang) como o sacerdote Hermócrates, William Berger como o líder político Critias, Vladimir Baratta como o mozo discípulo de Empédocles, Pausanio, e Martina Baratta e Ute Cremer como mulleres da cidade onde se discute o destino do heroe. No seu salientable uso do verso alemán acompañado dos sons da natureza, o filme semella máis un oratorio que un drama, mais a experiencia física desta combinación de texto falado e filmación das localizacións é poderosa e excitante”.
(Jonathan Rosenbaum, Chicago Reader, 1986)