![Deep Love Deep Love](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_3153.jpg?itok=hHURnftk)
Deep Love
Jan P. Matuszynski, 2013
84'. Vídeo HD. Subt. castelán.
DEEP LOVE
(Polonia, 2013)
Dirección, guión, produción e fotografía: Jan P. Matuszynski. Duración: 84 minutos.
Janusz, avogado, profesor universitario e mergullador, sofre un derrame cerebral e semella que a súa vida queda detida para sempre. Non pode falar nin andar, tan só na piscina volve a se sentir vivo coma antes. Malia as opinións dos médicos, regresa ao mergullo. Joanna, parella e coidadora, vai con el no día a día. Janusz quere baixar 100 metros. Será quen de conseguilo? Premio no festival de Moscova.