
DEADLINE USA
Richard Brooks, 1952.
87´. Subtítulos en galego.
DEADLINE USA
(Estados Unidos, 1952)
Dirección e guión: Richard Brooks. Produción: Twentieth Century Fox. Fotografía: Milton Krasner. Intérpretes: Humphrey Bogart, Ethel Barrymore, Kim Hunter, Ed Begley. Duración: 87 minutos.
Ed Hutcheson, redactor-xefe do xornal “The Day” ve como a honesta e tradicional publicación está a piques de ser vendida a un home de negocios corrupto e mafioso. Os xornalistas, a través das súas pescudas, loitarán para evitar o feche e transformación da empresa. A precisión narrativa facilita a plasmación da honestidade e o talante combativo dun Brooks histórico membro do progresismo de Hollywood en plena caza de bruxas.