
DARATT
Mahamat-Saleh Haroun, 2006
95´. Subtítulos en galego.
DARATT
(Francia-Bélxica-Chad-Austria, 2006)
Dirección e guión: Mahamat-Saleh Haroun. Fotografía: Abraham Haile Biru. Produción: Goï Productions, New Crowned Hope. Intérpretes: Ali Bacha Barkaï, Youssouf Djaoro, Aziza Hisseine. Duración: 95 minutos.
Chad, ano 2006. O goberno decreta unha amnistía para os criminais de guerra. Atim, que non coñeceu a seu pai, falecido na guerra, e criado por seu avó, cumpridos os 15 anos ve como o ancián lle entrega unha pistola e lle sinala o lugar onde vive o asasino de seu pai, Nassara, propitario dunha panadaría. O rapaz comeza a traballar con el como aprendiz esperando a vinganza e establecendo as bases para un potente conto moral íntimo e naturalista.