Curtametraxes Galegas
56´. Vídeo. Presentación dos traballos a cargo dos seus autores. Entrada gratuita.
LAVADO DE CARA
(España, 2006)
Dirección, guión e fotografía: Xosé González Varela. Produción: Ana Riveiro Fidalgo e Xosé González Varela. Intérpretes: Cristina Soalleiro, Manuel Macou. Duración: 3 minutos.
“Comeza a película e esta aínda ten que atoparse. Do caos primixenio informe, de súpeto xorde a historia dun home. No seu camiño atopa coa beleza e coa morte, co caos e coa melodía” (Xosé González Varela).
LALÍNEA
(España, 2006)
Dirección e guión: Xosé González Varela. Fotografía: Benjamín Trillo. Produción: Iván García Méndez e Xosé González Varela. Intérpretes: Cristina Soalleiro, Lucía Varela. Duración: 7 minutos.
“Videocreación acerca da imaxe e dos seus misterios, acerca dos abismos da miña consciencia, acerca de algo que non é aínda e que ao mesmo tempo é moito máis”. (Xosé González Varela).
MENIÑA
(España, 2006)
Dirección e guión: Daniel D. García. Fotografía: Jaime Pérez. Produción: Caravel Filmes. Intérpretes: Adela Somoza, Mela Casal, Tatán. Duración: 15 minutos.
“Unha ventá aberta, unha porta cerrada, a voz da nai facendo eco nas paredes do cuarto, e agora, tantos anos despois, Laura responde novamente a esa chamada, e nin ela mesma sabe por que, se cadra para cerrar aquela porta, para abrir aquela ventá, para que cese dunha vez o eco interminable daquela voz...” (Daniel D. García).
INESTABLE
(España, 2006)
Dirección e guión: Álvaro Otero. Fotografía: Ana Aldrey. Produción: Error 404. Intérpretes: Xaquín Domínguez, Cristina Ramallal, Olalla Salgado, Lino Braxe. Duración: 12 minutos.
Lauren Lago, un executivo antipático e chulo, parece ter alterada a súa percepción da realidade. Esquizofrenia? Mundos paralelos? Pesadelos? Lembranzas? Unha acusación de asasinato agrava o seu comportamento. Un xogo coa noción de relato e o proveito das opcións que propón o binomio mundo real/virtual.
SIN PLOMO
(España, 2006)
Dirección: Jorge Saavedra. Guión: Jorge Saavedra, Julio López Noche, Eligio Montero, Alberto Guntín e Carlos Portela. Fotografía: Fran Piñeiro. Produción: Producciones de Fin de Semana. Intérpretes: Xulio Abonjo, Cristina Castaño, Ricardo de Barreiro, Isabel Naveira. Duración: 19 minutos.
Un home chega para atracar unha gasolineira e atopa unha parella en crise acompañados dunha cativa. Relato de perspectiva múltiple sobre un mesmo suceso: a hipótese de que facer en certo momento das nosas vidas. Un traballo lúdico e con elementos de suspense que vén de ser premiado no Festival de Vídeo de Ecija.