
Curtametraxes do Festival de Cans
VV.AA.
71´. Vídeo / Cine. Presentación a cargo de Alfonso Pato, director do Festival de Cans. Entrada gratuíta.
SÁLVAME (Javier Veiga, 2007). Duración: 21 minutos.
PERVERSA LOLA (Sonia Méndez, 2008). Duración: 19 minutos.
1977 (Peque Varela, 2007). Duración: 10 minutos.
A REVOLTA DOS MOUSES (David A. Gen, 2007). Duración: 14 minutos.
MÁIS CANS QUE NUNCA (Luis Otero, 2008). Duración: 7 minutos.
Duración total: 71 minutos.
Antoloxía de curtas premiadas no Festival de Cans. Proxección de “Sálvame”, a comedia dirixida e protagonizada por Javier Veiga, gran triunfadora nos premios deste ano (Premio do xurado e do público); “Perversa Lola” , premio á mellor actriz para Nuria Sanz; os traballos de animación “1977”, proxectada en Sundance e que emprega unha mestura de diversas técnicas (premio do Xurado) e “A revolta dos mouses”, premio do público para un singular enfrontamento entre ratos (de ordenador) e lápis. Inclúese a movie-machine, composición con fotos e músicas, “Máis cans que nunca”.