Curtametraxes de
<b>Simone Saibene</b>
54´. Vídeo. Presentación a cargo do seu autor. Subtítulos en castelán. Entrada gratuíta.
RITORNO A SAN ANDRÉS
(Italia, 2007)
Dirección e guión: Simone Saibene. Produción: Ezio Auberione. Fotografía: Luca Granato. Intérpretes: Francesca Loupakis, Isabel Martínez-Risco. Duración: 26 minutos.
Unha muller viaxa a San Andrés de Teixido tal vez na procura do cumprimento dunha promesa feita a un morto.
PATMOS (APOCALYPSI)
(Italia, 2004)
Dirección, guión, produción e fotografía: Simone Saibene sobre textos do Apocalipse de San Xoán. Duración: 20 minutos.
Documental ambientado en Patmos, illa que inspirou ao profeta Xoán, e que transmite todo o imaxinario tradicional apocalíptico ao tempo que desvela aspectos complexos do presente.
IL FURTO DELLA ZUCCA
(Italia, 2006)
Dirección, guión e produción: Simone Saibene. Intérpretes: Davide Corbella, Claudia Gallo. Duración: 8 minutos.
Orixinal relato que entrelaza elementos narrativos, poesía e reflexión sobre a natureza a través dunha historia familiar.