![Curtametraxes David Lynch Curtametraxes David Lynch](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_1207.jpg?itok=Z98yKdkU)
Curtametraxes David Lynch
David Lynch
SIX FIGURES GETTING SICK
THE ALPHABET
THE GRANDMOTHER
THE AMPUTEE
THE COWBOY AND THE FRENCHMAN
PREMONITION FOLLOWING AN EVIL DEED
67´. Vídeo. Subtítulos en galego.
SIX FIGURES GETTING SICK
(Estados Unidos, 1966)
Dirección, guión e fotografía: David Lynch. Duración: 1 minuto.
Pertencente a un traballo de fin de curso na Academia de Belas Artes de Philadelphia estruturado para ser proxectado en pantalla en relevo. Aparecen as siluetas de seis figuras abstractas. Os seus órganos internos fanse visibles, e os estómagos énchense dunha substancia de cores brillantes, que lles sobe á cabeza, obrigándoos a vomitar.
THE ALPHABET
(Estados Unidos, 1968)
Dirección, guión e fotografía: David Lynch. Produción: H. Barton Wasserman. Intérpretes: Peggy Lynch. Duración: 4 minutos.
Combinación de imaxe real e animación orixinada no pesadelo dunha persoa próxima a Lynch e nas propias incertezas do autor sobre o emprego da verbalidade, presenta unha curiosa relación entre educación e medo a través da historia dunha nena deitada nunha cama.
THE GRANDMOTHER
(Estados Unidos, 1970)
Dirección, guión e fotografía: David Lynch. Produción: American Film Institute. Intérpretes: Richard White, Dorothy McGinnis. Duración: 34 minutos.
Un neno solitario, ao que seus pais pegan e ignoran, explora a escuridade do fogar familiar. Planta unhas sementes e comezan a dar os seus froitos. Lynch aumenta o dominio dos resortes fílmicos nun traballo para o American Film Institute.
THE AMPUTEE
(Estados Unidos, 1974)
Dirección, guión e produción: David Lynch. Fotografía: Herb Cardwell. Intérpretes: Catherine Coulson, David Lynch. Duración: 5 minutos.
Unha muller está sentada lendo unha carta referida a unha complexa rede emocional de relacións e malentendidos. Entra un médico que lle cura os cotos das pernas amputadas.
THE COWBOY AND THE FRENCHMAN
(Francia, 1988)
Dirección e guión: David Lynch. Produción: Daniel Toscan du Plantier para Erato Films, Sopcress e Figaro. Fotografía: Frederick Elmes. Intérpretes: Harry Dean Stanton, Frederick Golchan, Jack Nance. Duración: 22 minutos.
Pertencente á serie “La France vue par...”, tamén firmada por Herzog, Wajda, Comencini e Godard. Nun Oeste estereotipado o rancheiro xordo Slim e os seus compañeiros atrapan unha criatura con boina que fala unha linguaxe estraña. O seu nome é Pierre e é francés. Burla de convencións e mostra dalgunhas constantes do universo de Lynch.
PREMONITION FOLLOWING AN EVIL DEED
(Francia-Dinamarca-España-Suecia, 1995)
Dirección e guión: David Lynch. Produción: Neal Edelstein. Fotografía: Peter Deming. Intérpretes: Jeff Alperi, Mark Wood. Duración: 1 minuto.
Contribución de Lynch ao filme conmemorativo do centenario do cine “Lumière et compagnie”, composto por 40 curtametraxes de 55 segundos. Tres policías achéganse ao corpo dun rapaz que xace nun prado...