CULLODEN
Peter Watkins, 1964
72' aprox. Vídeo. Subtítulos en galego.
(Gran Bretaña, 1964)
Dirección e guión: Peter Watkins. Produción: BBC. Fotografía: Dirk Bush. Intérpretes: habitantes da rexión d´Inverness e das Lowlands (Escocia). Dur.: 72 min.
No século XVIII tropas escocesas encabezadas polo descendente católico ao trono británico, Charles Edward Stuart, enfróntanse ao exército inglés. O número de víctimas é totalmente desigual: son as chamadas “violacións” das Terras Altas. Watkins parece estar retransmitindo en directo a batalla para a televisión, creando un deliberado paralelismo coas imaxes vivas do conflicto de Vietnam, e revitalizando, xunto a xentes como Loach ou Russell, os sistemas da BBC.