Cuentos de Canadá
VV.AA., 1966-1988
50’. Vídeo. Versión castelá. Entrada de balde.
CUENTOS DE CANADÁ
(Canadá, 1966-1988)
Dirección e guión: Gayle Thomas, Les Drew, Co Hoedeman, Grant Munro e Ron Tunis. Produción: National Film Board. Duración: 50 minutos.
Escolma de curtametraxes producidas polo prestixioso National Film Board de Canadá en que podemos encontrar historias moi diferentes realizadas con técnicas moi singulares onde a experimentación se une á fantasía. Versión castelá. A partir dos tres anos.
As pezas proxectadas son as seguintes:
El niño y la oca (1984) de Gayle Thomas. Un día de primavera, un neno encóntrase unha gansa ferida. Cúraa, cóidaa e dálle de comer. Fanse moi amigos e pasan todo o verán xogando, pero co frío do outono a gansa inicia a súa migración. Duración: 11 minutos.
La flauta mágica (1977) de Gayle Thomas. Un rapaz encontra unha frauta e comeza a xogar con ela. Acontecen cousas marabillosas. Empréstalle o instrumento a outros pequenos e a maxia continúa ata que un neno lla arrebata a outro con malicia. A frauta daquela comeza a facer cousas raras. Duración: 8 minutos.
Dayoh, Donna y Dee Dee (1988) de Les Drew. Simpática historia de como Doris co seu enxeño logra salvar os seus tres gatos dun forte temporal e confirmar aquilo de que despois da tormenta sempre chega a calma. Duración: 10 minutos.
La caja animada (1989) de Co Hoedeman. Historia do gañador dun Oscar Co Hoedeman, en que un debuxante dá vida á súa creación e nos convida a coñecer e gozar mundos máis amplos. Duración: 11 minutos.
Animales en movimiento (1966) de Grant Munro e Ron Tunis. Un rapaz descobre que non pode competir cun mono, unha serpe ou un cabalo imitando o modo en que se moven. Duración: 10 minutos.