![CROMOSOMA-3 CROMOSOMA-3](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_730.jpg?itok=aGLyenkd)
CROMOSOMA-3
David Cronenberg, 1979
95´. Subtítulos en galego.
THE BROOD / CROMOSOMA-3
(Canadá, 1979)
Dirección e guión: David Cronenberg. Produción: Les Productions Mutuelles e Elgin International Productions, coa participación de Canadian Film Development Corporation (CFDC). Fotografía: Mark Irwin. Intérpretes: Samantha Eggar, Oliver Reed, Art Hindle, Cindy Hinds. Duración: 95 minutos.
O doutor Hal Raglan perfecciona no Instituto Somafree o peculiar método terapéutico psicoplásmico. Unha das súas pacientes é Nola Carveth, chea de resentimento polo seu home e por seus pais. Todos eles comezan a correr perigo. Cronenberg intensifica a veta emocional das súas criaturas, ben apoiado no duelo entre os brillantes Oliver Reed e Samantha Eggar. Situacións de asfixiante suspense e auténtico terror, terapias interactivas e teatralizantes, transmisión xenética, nenos, partos, síntese dun proxecto cheo de connotacións persoais que lanza a idea do cancro creativo.