
COUSAS DE KULECHOV
Susana Rey, 2006
21´. Vídeo. Presentación e coloquio coa súa autora. Entrada gratuíta.
COUSAS DE KULECHOV
(España, 2006)
Dirección, guión e produción: Susana Rey. Fotografía: Xurxo Estévez e Susana Rey. Duración: 21 minutos.
A narración dun suposto conflito bélico —un exército invasor ataca as costas galegas— permite un excelente exercicio de montaxe que expón os límites e estratexias da ficción e da non ficción. Subvencionada pola Consellería de Cultura, obtivo premios e difusión polo mundo adiante, converténdose nun dos traballos máis valiosos de autoría galega.