A Coruña e o cine
VV.AA
64´. Entrada gratuíta.
CORUÑA IMPOSIBLE (Francisco Rañal, 1995)
LA SANGRE DEL ENEMIGO (Miguel Calderón, 1995)
LA REPESCA (Sandra Sánchez, 1995)
A GRAN LIQUIDACIÓN (Jorge Coira, 1995)
“A Coruña...de cine” foi unha breve iniciativa do Concello da Coruña en colaboración coa Escola de Imaxe e Son (EIS), que se prolongaría noutra entrega máis (1996) —que o CGAI proxectará no mes de maio—, servindo para formar e descubrir novos valores. O financiamento de curtas en 35 mm. que cumprisen o requisito de aproveitar escenarios naturais da cidade posibilitou o desenvolvemento de traballos polos que transitaron algúns dos actores, directores e técnicos galegos máis prometedores e cualificados.